ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 1.500 persoas tocan música tradicional en Galicia. Outras tantas adícanse ás múltiples variantes do rock. Nas orquestras participan máis de 3.000 e dise que hai 10.000 gaiteiros. Son cifras aproximativas, pero en calquera caso falan da abondosa produción musical galega. Ademáis de cantidade, tamén hai moita calidade, segundo o músico Paco Cerdeira, de A Gramola Gominola e de Zenzar.
Paco Cerdeira, Paula Romero, Rodrigo Muñoz e Anxelo de Xermar forman A Gramola gominola, banda de rock que pretende achegarse ao público infantil con valores didácticos. A Gramola gominola estrea novas cancións e libro disco. “Cancións para desafinar” sae o vindeiro primeiro de abril e presentano cun concerto espectáculo no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.