Cantos e disfraces en Trives

Cantos e disfraces en Trives

08 de Agosto, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A asociación A Caniceira de Trives organiza o “Entroido de verán” desde o xoves ao domingo desta semana. O xoves haberá un concerto de dous grupos musicais pero venres ás oito e media da tarde empezará o Certame de Cantos de Taberna. Participarán oito grupos, cinco de Trives, un de Castro Caldelas e dous de Ourense. Todos concurren por amor á música e ofrecerán as súas composicións en trece locais de hosteler&iacut

Daráselles aos grupos un agasallo da entidade organizadora. Os locais invitan a beber e a xantar aos grupos musicais. Ao longo destes días haberá feira de artesáns e desfile de folións. O sábado está máis cargado de actividades que principiarán ás once da mañá, segundo nos indica o presidente da Caniceira Jorge Vázquez.

Sociedade