Cantos na terraza

Cantos na terraza
14 de Maio, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Samba brasileira e música galega compoñerán o repertorio de Eugenia Sanmartín. Canta este domingo á unha e media do mediodía dentro do programa "Cantos na terraza" no local da Asociación Veciñal de Limodre.

ESCOITA O PODCAST:

Na imaxe Eugenia Sanmartín en Radio Fene (Fotografía: Xan Xe Corral)

http://173.255.131.18/audio/130522SANMARTIN.mp3

Fotografía Xan Xe

A Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Veciñal de Limodre únense polas Letras Galegas cunha ruta de sendeirismo teatralizada. Os actores e actrices da Tenencia Teatro representarán quince autores e autoras, cunha posta en escena na que a paisaxe de ambas parroquias é o eixo condutor. Andarase o domingo 22 de maio pola mañá. Son seis quilómetros para todos os públicos. Inscricións no 616 7402 05. Colaboran o Concello de Ares e o de Fene.  

Cultura

Publica o teu comentario agora