Capitán Tifus na Rebusca

Capitán Tifus na Rebusca

28 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O festival A Rebusca chega á súa sexta edición. Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural A Rebusca, que intentará difundir a cultura a través das numerosas actividades que se desenvolverán ao longo do día. O festival é totalmente gratuíto,e celébrase en Paradela- Manzaneda (Ourense)  os días 14 e 15 de Xuño.

As actividades celebraranse en dúas carpas de circo con capacidade para 1500  persoas  e 400 persoas , e nos aledaños do fermoso espazo natural ,donde se realiza o festival. Always Drinking Marching Band, La Troba Kung-Fu, Sacha na Horta, Capitán Tifus e Cuchufellos son algunhas das bandas confirmadas.

Sociedade