Capital das tapas

Capital das tapas
04 de Maio, 2023 - 08:03 h. | Publicada por Radio Fene

“Xa está aí o concurso de tapas”, no que participan doce establecementos. Falamos coa concellería de Promoción Económica, Ángeles Coira, do 13 Concurso de tapas de Fene que se celebra venres, sábados e domingos, do 5 ao 21 de maio. 

ESCOITA O PODCAST:

Segredo de mar ou Domingo á feira. Son dúas das tapas que se poderán degustar nos establecementos de hostalería de Fene participantes no certame. No apartado máis creativo e innovador están inscritos o CCRD Perlío con champiñóns recheos ao roquefort, a cafetaría Lembranza cunha proposta titulada "Lauritaki!!", o Galicuba cunha brocheta que leva o nome do local e o Café dos Segredos co seu "Segredo de mar". Por outra banda, en canto a tapas tradicionais, o concurso depáranos "Un domingo na feira" do Arrecendo, o "Pontepicón" do bar A Ponte, unha tosta de lacón con grelos cuberta de queixo de San Simón preparada polo bar O Centro, as carrilleiras con salsa que ofrecerá a cafetaría Bombay, as koftas de carne picada de tenreira acompañadas con salsa de La Casa de la Abuela, as tostas de gulas con queixo de Arzúa de La Parada, o "Mesón da costa" do mesón o Son de Cociña e, por último, o "Pito Gorgorito á laranxa" que servirá o Pachamama.

Institucional

Publica o teu comentario agora