ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un trío de artistas do humor gráfico, o fenés Adrián Dopico López, o vasco con vínculos en Espasante Iván Mata Tamallo e o veciño de Neda Lucas Sixto Carballeira xuntaranse no Museo do Humor Xaquín Marín de Fene para recibir os Premios Curuxa 2024. Os tres comentaron en Radio Fene os traballos premiados e a súa ledicia polo recoñecemento acadado.
“Mal de moitos” é o debuxo gañador do 1º Premio Curuxa 2024, obra de Adrián Dopico López. O 1º Premio Curuxa Nova gañouno Lucas Sixto Carballeira co debuxo “Dieta do futuro”. Iván Mata Tamayo fíxose co 1º Premio na categoría Caricatura por un traballo presentado co título “Yolanda Díaz”.
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, serán os encargados de entregarlles os Premios Curuxa 2024 nun acto que comezará ás oito da tarde na Casa da Cultura. Os debuxos premiados e unha selección das obras participantes na edición deste ano quedarán expostas ata finais de mes. O acto completarase co primeiro do ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor”. Pepo Suevos abrirá o ciclo co espectáculo titulado “A caída”.
Publica o teu comentario agora