Capital do mundo celta

Capital do mundo celta
08 de Xullo, 2026 - 02:34 h. | Publicada por Radio Fene

En Ortigueira vívese a conta atrás dunha nova edición do seu prestixioso Festival Internacional do Mundo Celta. Horas antes de que comece soar a música nos escenarios e polas rúas de Ortigueira chequeamos o ambiente coa presidenta da Escola de Gaitas, Sofia Garcia

 

ESCOITA O PODCAST:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/080726GARCIA.mp3

Fotografía: Arquivo do Festival de Ortigueira

“Temos xa un ambiente fantástico”, destacou Sofia Garcia, mentres a organización traballa “contra reloxo para ter todo preparado e que non se nos pase ningún detalle”. Ata o domingo en Ortigueira “desde as doce da mañá ata as oito da tarde teremos as rúas cheas de música”. Recibirán este ano músicos de Galicia, Asturias, Bretaña, Escocia e tamén de Madrid e Sevilla. E non poden faltar os músicos de Ortigueira “a Escola de Gaitas está no seu festival, faremos o noso concerto no escenario principal da Alameda o venres ás dez e media e tamén actuaremos no desfile e na inauguración”.

Cultura

Publica o teu comentario agora