ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Neda inaugura este sábado a programación da XXXVI edición da súa Festa do Pan cunha visita interpretativa ao Muíño do Carrizo. Por segundo ano consecutivo os seus donos abren as portas da propiedade que funcionou como muíño fariñeiro ata as últimas décadas do século pasado. O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, falou en Radio Fene da Festa e da importancia do pan na vida do municipio.

Os panadeiros de Neda son os os principais subministradores de pan á comarca, destaca o alcalde Ángel Alvariño que sinala o bo facer transmitido de xeración en xeración como unha das claves da sona do pan de Neda, que ben merece unha festa. Actualmente quedan trece fornos no concello, non todos a pleno rendemento.
O seu produto estrela celébrase cunha nova edición da Festa do Pan, prevista para o domingo, que xa ten actividades nas xornadas previas, como a Noite de Bolos, prevista para o sábado á noite. Pan, empanadas, doces son o gran reclamo dunha festa que
terá como pregoeiro ao director de Navantia Ferrol, o nedense Eduardo
Dobarro. Airiños de Fene, a Charanga da Carmiña e os cabezudos da Piruchela poñerán animación nas rúas e o espectáculo “Levaino “ de Xurxo Fernándes poñerá o peche á Festa do Pan de Neda.
Publica o teu comentario agora