ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Moeche será a capital do queixo esta fin de semana. A VIII Feira do Queixo de Moeche inaugurase o sábado pola tarde e o día grande será o domingo. Conversamos coa alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy sobre este exitoso evento.

Queixos de calidade e para todos os gustos. Esta é a oferta da Feira do Queixo de Moeche que segue a medrar. Este ano contará con 69 expositores, 35 deles de queixo, 25 procedentes de Galicia, 14 de España e 1 de Francia, ademais de 28 postos de artesanía alimentaria. “Un programa completísimo” ten preparado o Concello de Moeche que conta co apoio da Deputación. O sábado haberá, por primeira vez, unha previa e do domingo, ademais de catar e comprar variedade de queixos, haberá visitas ao Castelo, obradoiros de elaboración de queixo fresco, de cerámica, catas comentadas, e para pechar a feira actuación do grupo De Ninghures.
Publica o teu comentario agora