ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Novo premio para o Perla Mural Fest. E xa leva tres, en tres anos de vida. A alcaldesa, Sandra Permui, felicitou ao artista Edgar Goás e aos organizadores do Perla Mural Fest por sumar novos atractivos para Fene que o Concello incluiu na oferta presentada en Fitur.

As Mouras de Wedo Goas, pintadas nuns edificios da rúa río Cádavo fixéronse co título de mellor mural do mundo de 2025 na categoría Expert Spotlight convocado pola plataforma Street Art Cities. A alcaldesa, Sandra Permui, celebrou este novo recoñecemento internacional. Destacou que “este premio volve situar a Fene no mapa mundial da arte urbana e confirma que a aposta polo Perla Mural Fest é unha aposta polo talento, pola cultura contemporánea e pola identidade”. Permui felicitou ao autor, Edgar Goás, polo seu traballo “potente e profundamente conectado coa identidade do folclore galego”, e tamén á organización do Perla Mural Fest, “que con só tres edicións suman outros tres recoñecementos de Mellor Mural do Mundo, convertendo ao noso concello nun museo ao aire libre de referencia, do que toda a veciñanza pode sentirse orgullosa.”
Publica o teu comentario agora