Capital musical de Galicia

Capital musical de Galicia
21 de Xuño, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Nos primeiros dias de agosto Felicia Pop Festival e Perla mural fest farán a Fene a capital musical de Galicia. Dentro do Perla Mural Fest, en distintos lugares de Perlío están previstas actuacións de The Shesters Moc Moc (La Chimba), Peter Punk Pallaso (A Chungatrona) e Sempre Arriba os días 29, 30 e 31 de xullo. O Perla mural fest, propiamente dito, concentrarse os dias 1,2 e 3 de agosto. O Funk´illo, Melifluo, Alison Darwin e Bernal confirmaron a súa participación.

Fotografia Xan Xe

Tamén actuarán Sara Socas, Drugos e Hugo Guezeta. O rock de Málaga chega co grupo Sarria, unha das grandes promesas da música contemporánea. Superglu, Pulpa, Sintrom, Litus e DJR4tibron subirán ao escenario. Xa están á venda os abonos para os concertos do venres un e sábado dous de agosto.  Música en Perlío e tamén música en Limodre.
Familia Caamagno actuará este ano no Felicia Pop. Tamén está confirmado o grupo Hey Hematoma, con Miguel Costas. Participará igualmente Cometa, cuarteto de glam afincado en Madrid e que está de moda neste 2025. Xa se poden mercar entradas na web de Felicia. Este ano, o 1 e 2 de agosto no Parque da Hortiña de Limodre. Felicia Pop Festival.

 

Imaxe: Felicia Pop Festival. 2024.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora