A cara máis coruñesa de Picasso

A cara máis coruñesa de Picasso

05 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Casa Picasso na rúa Paio Gómez da Coruña ofrécenos a través dun panel interactivo un feixe de fotografias da cidade na época na que o artista máis importante do século XX residiu na cidade herculina (1891-1895). O Museo amosa 27 reproducións de obras de Picasso e do seu pai, quen foi profesor da Escola de Bellas Artes.

Pablo chegou á Coruña con 10 anos. Na cidade namórase por primeira vez, realiza a súa primeira exposición, atopa o seu primeiro mecenas na persoa do ex-ministro da República Ramón Pérez Costales. Pinta ducias de pombas, Crea a súa primeira obra mestra: "La niña de los pies descalzos". "Picasso aprendeu a debuxar e a pintar na Coruña" salienta a catedrática de arte europa do século XX Elizabeth Cowling. "Picasso xulgaba que os seus retratos coruñeses eran mellores que as obras estudiantís realizadas en Barcelona. Incluso a veces tiñan máis valor para él que as súas obras da época azul e rosa" salienta o biógrafo John Richardson.

Cultura