Caramelo pecha e deixa na rúa a 170 persoas

Caramelo pecha e deixa na rúa a 170 persoas

26 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A histórica empresa textil Caramelo pecha deixando na rúa a cento setenta persoas. Dese plantel, caseque oitenta se concentran en Galicia, principalmente nos servizos centrais do polígono industrial de Vio, entre Pocomaco e a A-55. O xulgado do mercantil da Coruña abordará a súa supensión de pagos, desta sociedade da corporación Interavante do empresario Manuel Jove.

Precisamente Jove promoveu a superficie industrial de Vio, como ampliación privada de Pocomaco. Caramelo afirma que se veu danada pola profunda crise de consumo en toda Europa e de xeito particular no Estado español. Manifestan que non puideron superar as perdas.

Sociedade