A caravana dos catro latas

A caravana dos catro latas
10 de Xuño, 2024 - 01:16 h. | Publicada por Radio Fene

Unha caravana de Renault 4L (coñecido popularmente como catro latas) atravesou o pasado sábado Fene. Os viaxeiros procedían de Francia e visitaron o Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre. A profesora Anxos Garcia Fonte faloulles do significado e da historia deste Monumento que cumprirá en xullo noventa anos. Eva Sardiña cantou unha canción adicada a ese modelo de utilitario, unha peza con letra de Antonio Tizón e música de Eva Sardiña.

ESCOITA O PODCAST:

David Fernández Piñeiro fala do Renault 4 L: https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/100624PINEIRO.mp3

Viaxeiros franceses no Monumento ao Camiñante Descoñecido

Louis Renault fundou a marca co seu apelido en 1898. Lanzou en 1961 o seu modelo 4L , coñecido popularmente como catro latas. Querían competir co 2 CV de Citroen. Cun motor de tracción dianteira e un prezo axustado, logrou un gran éxito no mercado. A asociación CAP Aventure naceu para reunir a amantes do Renault 4 da localidade de Sainte Maure de Touraine en Francia. 
A entidade viaxaba a Marrocos todos os veráns, pero este ano quixeron descubrir Galicia. A caravana visitou a praia das Catedrais en Ribadeo, o monumento ao Camiñante Descoñecido en Barallobre (Fene) e rematou a súa peregrinaxe na catedral de Santiago de Compostela o domingo  pola mañá. Esta mañá de luns emprenderon viaxe de retorno cara Francia pasando `por Burgos. Collerán a velocidade de Europa, para gozar a modo da paisaxe e da gastronomía, compartindo a cultura e respectando o entorno. Eses eran os obxectivos do Monumento ao Camiñante Descoñecido cando se inaugurou en Barallobre, hai agora 90 anos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora