A Caravana Feminista vai achegándose a Galiza

A Caravana Feminista vai achegándose a Galiza

04 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Marcha Mundial das Mulleres celebra este ano a  IV Acción Internacional, cunha Caravana Feminista que saíu o 8 de marzo do Kurdistán e que, despois de percorrer toda Europa, rematará en Lisboa o próximo 17 de Outubro. O 24 de setembro, a Caravana entrará en Catalunya e, así mesmo, percorrerá diferentes pobos e nacións da Península até chegar á súa fin a Lisboa o 17 de outubro. No seu percorrido, o 28 de sete

Por este motivo, a Coordinadora Local de Ferrolterra da MMM está a realizar unha serie de actividades coa finalidade de recadar fondos para apoiar e soster a Caravana Feminista e as accións que se están a desenvolver coas mulleres ao seu paso polos diferentes países e rexións europeas.

Unha destas actividades é a Mostra de Teatro que terá lugar no Centro Cultural Torrente Ballester os próximos 9 e 10 de Setembro ás 19h. Para o desenvolvemento desta Mostra contan coa inestimable colaboración de tres grupos de teatro da comarca: Grupo de Teatro XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ; Grupo 3DETRANS e MAQUINARIAS TEATRO.

As entradas de apoio á Caravana Feminista estarán á venda por 3€ na taquilla do Jofre dende o mércores día 2 de setembro de martes a venres en horario de 11:00h a 13:00h e de 18:0Oh a 20:00h. E o mesmo día da representación a taquilla abrirá pola tarde unha hora antes, ás 17h.

Sociedade