ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha caravana de alimentos e material médico e escolar parte nesta xornada de Narón cara ao Sahara. A Sociedade de Amistade do Pobo Saharaui organiza esta iniciativa para abastecer de produtos de primeira necesidade a un pobo que adoece do máis básico. As axudas humanitarias súmanse para acadar unha mellora na subsistencia dos saharauis. Unha campaña a nivel estatal que chegará ao seu destino nos meses de novembro e decebro para facerlles máis doa
Conservas de peixe, lentellas, aceite, arroz, fariña, útiles escolares e medicamentos e máis equipamento médico son parte do contido do camión que sae hoxe dende Narón de axuda ao povo saharui. Estas aportacións dos colexios, empresas e particulares de Ferrolterra farán un longo percorrido. Chegarán a Porriño con destino Alacante. Na cidade levantina xuntaranse co resto de axudas doutros puntos do España. Os saharauis desfrutarán destes agasallos a finais de ano.
Segundo Maite Martínez, da Asociación de Amistade co Povo Saharaui, obtiveron unha gran resposta da comarca de Ferrolterra. A iniciativa “Vacacións en paz”, coa que se acolle a moitos nenos e nenas saharuis durante os meses de xullo e agosto mentaliza á xente nesta problemática. A sociedade implícase moito, aínda que a axuda nunca é suficiente, afirma Maite Martínez.
Tras o Ramadán as necesidades fanse máis imperiosas ao estar máis debilitados. Tiñan moitas necesidade de alimentos, de produtos básicos como lentellas ou aceite. A caravana levará ao Sahara esta axuda pero tamén ledicia e un anaco de benestar.