Carballos no Día da Árbore

Carballos no Día da Árbore
25 de Marzo, 2021 - 01:17 h. | Publicada por Radio Fene

Catro carballos prantáronse esta mañá en San Valentín. A iniciativa partiu da área de Medio Ambiente do concello de Fene e contou coa colaboración do centro ocupacional Aspaneps, AETNA e Betula. .

Catro carballos quedaron plantados esta mañá ao pé da praia da Xunqueira de San Valentin. Foi unha iniciativa da área de Medio Ambiente do Concello de Fene contando coa colaboración do centro ocupacional Aspaneps. Ao acto asistiu a concelleira de Medio Ambiente Marta Pereiro, o alcalde de Fene Juventino Trigo e outros membros da Corporación. Colaboraron persoal do Concello co centro ocupacional de Aspaneps e as asociacións Betula e AETNA.

O evento encádrase na celebración do Día da Árbore, pero tamén nun paso máis para cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU relacionados co mantemento dos ecosistemas, da calidade do aire e do ciclo da auga. Ademais, a plantación tamén forma parte da iniciativa europea #UnhaÁrborePorEuropa, na que Fene participa xunto con outros 400 municipios asumindo tres ideas principais: ampliar o arborado de maneira racional en espazos públicos, visibilizar a importancia do desenvolvemento sostible no ámbito local e involucrar a mocidade nos procesos de toma de decisións en materia de sustentabilidade local.

Institucional

Publica o teu comentario agora