A carga emocional das orixes

A carga emocional das orixes

10 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha exposición de cadros cerámicos amósase na Casa da Cultura de Fene. A artista Mercedes Pico presenta  unha colección de obras realizadas sobre arxila, pintados con engobes e cocidos ao forno a 1.200ºC. A mostra, de grande beleza e colorido, xira en torno á natureza e a paisaxe de Monfero, terra natal da artista. Son cadros con moita carga emocional, segundo Mercedes Pico

Apaixoada da pintura, Mercedes Pico participou hai tres anos nos cursos da escola municipal de cerámica de Ferrol. Baixo a dirección do mestre Francisco Pérez Porto aprendeu as técnicas da modelaxe e da pintura cerámica de moldes. Mercedes Pico está moi agradecida ás ensinanzas de Pérez Porto porque lle abriron un camiño artístico ata entón descoñecido para ela. As súas criacións poden contemplarse na Casa da Cultura de Fene até o 6 de xaneiro.

O horario de visitas será de luns a venres, de 10.00 h. a 13.00 h. e de 16.00 h. a 21.00 h., e os sábados de 10.00 h. a 13.00 h.

Cultura