Carlinhos Brown, Malú, Merche, Pitingo ou Ana Torroja unidos na loita contra o cancro

Carlinhos Brown, Malú, Merche, Pitingo ou Ana Torroja unidos na loita contra o cancro

26 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Ordes prepárase un ano máis para a celebración dunha nova edición da Gala Contra o Cancro, que da man da orquestra Panorama e o concello achegará ao municipio as actuacións de importantes artistas de renome tanto a nivel nacional como internacional. Unha gala que vai xa pola súa cuarta edición e que terá lugar o próximo venres 29 de abril a partir das 23 horas no campo da feira ordense.

Os artistas que pisarán o escenario xunto á orquestra Panorama serán Carlinhos Brown, Malú, Merche, Pitingo, Ana Torroja, Melocos, Cherito, Robert Ramírez e La Guardia, ao que se sumará o humor das Cantareiras de Ardebullo. Un evento presentado por Roberto Vilar, conductor do programa Land Rober da Televisión de Galicia. 

Como en edicións anteriores trátase dunha gala benéfica, cuxa recadación de fondos, coa venda de merchandising da orquestra, irán destinados á Asociación Española de la lucha contra el cáncer.  

Desde o concello, o alcalde Manuel Regos, amosou a súa satisfacción porque “o concello vai será o escenario desta celebración, que voltará levar o nombre de Ordes por todo o territorio nacional dada a importancia dos artistas que cada ano acuden a esta cita. Ademais, como en edicións anteriores, agárdase a visita de miles de asistentes que disfrutarán no municipio deste evento”.  

Regos insistiu, sobre todo, no carácter benéfico da gala, animando a todo o mundo a que asista e participe activamente coa causa.

Sociedade