Carlos Aymerich: Máis BNG: O cambio necesario

Carlos Aymerich: Máis BNG: O cambio necesario

11 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O voceiro parlamentario do BNG Carlos Aymerich presenta este mediodia en Santiago de Compostela a plataforma “Máis BNG: O cambio necesario”. O Bloque empeza unha semana decisiva de cara ao seu futuro. Os militantes escollerán delegados entre as candidaturas presentadas pola UPG (Alternativa para a Unidade- Guillerme Vazquez), Encontro Irmandiño e Esquerda Nacionalista (Xosé Manuel Beiras) e os denominados quintanistas (Carlos Aymerich Máis BNG).

 

.

Cada asamblea comarcal –fixadas na maioria dos casos para o sábado 18- escollerá entre 3 listas de delegados presentadas polos grupos formados diante da Asamblea Extraordinaria que o BNG celebrará o 10 de maio. En base aos resultados desa primeira votación, cada alternativa saberá aproximadamente o nivel de apoio que colleitará na cita congresual.

Non se desbota que Alternativa para a Unidade e Máis BNG poidan chegar a un acordo en función do número de delegados de cada corrente. Presentarían así unha candidatura conxunta aos organos de dirección, que se enfrontaría aos sectores críticos nos que confluen Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, que xa teñen anunciado a súa negativa a formalizar pactos previos á asamblea extraordinaria.

Na opinión do Encontro Irmandiño, "é a hora da militancia que decidirá se se rebela ou non contra a burocracia que ten secuestrado ao BNG e o rescata". EI considera que aos grupos, partidos ou correntes "tócanos facer propostas e abrir espazos para a participación pero non apropiarnos da representación das e dos militantes para os que pedimos participación directa. Nisto anda o Encontro Irmandiño".

"Consecuentemente con iso", EI entende que as candidaturas que se están formando en todas as comarcas do país "pertencen en exclusiva aos que as están construíndo e non tería sentido que o Encontro Irmandiño faga pacto algún sobre das mesmas nin sobre unha candidatura posterior ao Consello Nacional".

 

 

Sociedade