Carlos Callón (Queremos Galego): “Na escola só es libre de escoller lingua se escolles o español”

Carlos Callón (Queremos Galego): “Na escola só es libre de escoller lingua se escolles o español”

25 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

“N-a-d-a”. Deletréao para que se escoite ben. “Máis do 90 por cento dos centros de educación infantil das sete cidades galegas non imparten nada en galego, segundo eles mesmo declaran”, sinala Carlos Callón, presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da Plataforma Queremos Galego. O uso da lingua de noso nas aulas urbanas é mínima, asegura: “Como moito una vez al año que no hace daño,

A mobilización do domingo non está exenta de atrancos. O Concello de Santiago enviou unha nova comunicación á plataforma Queremos Galego na cal denega absolutamente a posibilidade da colocación dun palco para o acto final da manifestación unitaria que, so o lema “Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola” sairá este domingo ás 12 h desde a Alameda da capital de Galiza. A plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades, decidiu acudir aos tribunais para defender “a liberdade a podermos realizar actos en defensa do noso idioma na capital do noso país”.

A plataforma en defensa do idioma propio lamenta a “vocación censorial” do PP e sinala que, a pesar dos “paus nas rodas”, manteñen “mesmo con máis forza” a manifestación e o acto final na Praza da Quintana, aínda que sen palco, tras a prohibición do Concello. “Non teremos palco, mais si teremos gorxas, máis cargadas de forza e de razón”, advirte o presidente da Mesa, que lamentou que no escrito remitido hoxe polo concello, “ameazase con suspender o acto se a organización non cumpre co resolto polo goberno compostelán”.

A negativa do goberno municipal chegou despois de que a plataforma cidadá solicitase a retirada da fianza de 600 euros que lle impuña se quería colocar un palco para o acto final. Queremos Galego argumentou perante o Concello de Santiago que a cantidade que reclamaba como fianza resultaba “excesiva”, visto que é unha entidade sen ánimo de lucro e que esta plataforma ten instalado palco nesa praza en moitas ocasións sen que constase nunca ningún tipo de desfeita.

Sociedade