ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O concello de Redondela estuda recorrer a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de autorizar a ampliación da AP-9 sen someter o proxecto a evaluación de impacto ambiental. O edil de Medio Ambiente Carlos Pazos afirma que a ampliación da autoestrada afecta a un espacio enmarcado dentro da Rede Natura e que polo tanto “é preceptivo facer o estudo de impacto ambiental”.
O concelleiro valora moi negativamente a resolución publicada onte no BOE onde se daba conta da decisión do Ministerio de aprobar esta obra que proxecta ampliar a ponte de Rande e dotar a vía dun terceiro carril a Teis.
Unha actuación que afecta directamente ao Redondela, xa que se prevé ampliar a autoestrada en Chapela coa expropiación de sete metros para construír os novos carrís. Unha afección que Carlos Pazos cualifica de “moi negativa nunha parroquia moi afectada xa polos infraestructuras”
Dende o ministerio arguméntase como xustificación para a realización desta obra o feito de que pola ponte pasan a diario preto de 50.000 vehículos. Dende Redondela, o concelleiro de medio ambiente entende que a ampliación lonxe de resolver os embotellamentos aínda os vai incrementar dado que se fará un funil na entrada a Vigo e na saída no Morrazo. Propón como única solución posible para axilizar o tráfico á cidade a construcción da autovías Vigo-Pontevedra.
Unha vez superado o trámite ambiental, logo de que o ministerio que dirixe Elena Espinoso teña eximido a obra da avalición de impacto, aínda queda por determinar o seu financiamento que deberán negociar Fomento e a concesionaria da autoestrada, Audasa.