Carmela Silva e Pachi Vázquez entran na executiva federal do PSOE

Carmela Silva e Pachi Vázquez entran na executiva federal do PSOE

05 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A deputada socialista por Pontevedra Carmela Silva e o secretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez entran a formar parte da executiva federal do PSOE, á luz da candidatura dada a coñecer a primeiras horas desta mañá por Alfredo Pérez Rubalcava. Silva encargaráse da secretaría de Inmigración, mentres que Vázquez figura como vogal. Serán os 2 representantes galegos nun órgano de dirección de 38 persoas. Sumaráse a el

Da anterior executiva socialista formaban parte os galegos José Blanco e o ex-alcalde de Santiago José Sánchez Bugallo.

Carmela Silva anunciou no mes de xaneiro a súa demisión como tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo de Vigo "en canto se aproben os Presupostos municipais". Pachi Vázquez forzou esa decisión para aplicar a máxima de "unha persoa, un cargo".

Sociedade