A carne que sabe como a de antes

A carne que sabe como a de antes

07 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vacas criadas en réxime de semi-liberdade. Alimentadas con produtos naturais. Contacto directo entre o produtor e o consumidor. Eses son algúns dos segredos da oferta da tenda ecolóxica A Xoaninha de Ferrol. A cooperativa de consumo responsábel anuncia novidades.

A cooperativa A Xoaninha de Ferrol amplia os seus canles de suministro. Contan cun novo productor ecolóxico, Francisco Fernández Armada que produce tenreiras de raza limiá para A Xoaninha. A raza limiá é unha das cinco razas autótonas galegas consideradas en perigo de extinción. A diminución da cabana destas razas debeuse fundamentalmente ao contexto que beneficiaba a producción gandeira encamiñada ao leite.

A Xoaniña promove as razas autótonas criadas en réxime de semi – liberdade. Débense respetar as condicións de superficies mínimas estipuladas polo Regulamento Europeo de Producción Ecolóxica. Para facilitar a comercialización deste produto, os 170 socios e socias da Xoaniña organizan pedidos conxuntos para evitar intermediarios. Este venres os da Xoaniña irán visitar o novo productor ecolóxico en San Pedro do Eume, no concello das Pontes. A Xoaniña abre a súa tenda ecolóxica na Rúa Venezuela, 78 de Ferrol. (Tfno. 981 930868) O horario de apertura é de 10,30 a 13,30 e de 17,30 a 20,30 h. A cuota de inscrición ascende a 100 euros e logo anualmente débense aboar 60 €. 

Sociedade