Carreira ao podio

Carreira ao podio
11 de Xuño, 2024 - 01:30 h. | Publicada por Radio Fene

Novo éxito automobilístico dos pilotos de Fene Édgar Vigo e Fátima Ameneiro. Logo da carreira disputada a pasada fin de semana en Croacia, son líderes en solitario do FIA European Rally Trophy.

ESCOITA O PODCAST:

Na proba que se correu na capital de Croacia, o Zagreb Delta Rally, os pilotos do Apartamentos AUGA Rally Team finalizaron 6º da xeral e 1º de 2 rodas motrices. Sumaron 60 puntos, co que xa teñen 150, nove máis que o francés Anthony Raoult, a pesar de que os feneses non puideron competir no rally de Suiza. Pendentes do resultado que fagan os seus rivais a próxima fin de semana na República Checa, a próxima cita para o equipo do Escuadra Scratch Fene será o Rally Weiz, que se disputa en xullo en Austria.

Deportes

Publica o teu comentario agora