Cartas de inverno

Cartas de inverno
30 de Xaneiro, 2023 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

O xuvenil Edu marcou catro goles no partido deste domingo en Vilarmaior. O adestrador do Maniños B Michel Rodriguez quixo mandar unha mensaxe de ánimo para os xogadores e directiva do clube local. "Encontranse nunha situación dificil e no momento actual a todas as entidades nos costa encontrar xente para xogar e para xestionar as asociacións" indica o técnico. En partido xogado na mañá do domingo, o Vilarmaior só presentou dez xogadores e un deles lesionouse e quedaron nove no campo. "Eu quería un Vilarmaior ao completo" reflexiona Míchel. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita ao adestrador do Maniños B Míchel Rodríguez:

http://173.255.131.18/audio/300123RODRIGUEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Foi unha mañá con frío pero con sol. O tempo lembraba as "Cartas de inverno" novela de Agustín Fernández Paz, localizada en Doroña- Vilarmaior.

Vilarmaior 0 -10 Maniños B. O filial do Cultural Maniños é noveno na Segunda Galicia de fútbol con dezaoito puntos. 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora