Cartos para a prensa dócil en tempo de pre-campaña eleitoral

Cartos para a prensa dócil en tempo de pre-campaña eleitoral

01 de Xaneiro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta de Galicia volve financiar aos medios de comunicación a través de custosas campañas de publicidade institucional. Desta volta será a través da Consellería de Medio Rural que destinará case 1.260.000 euros a dúas campañas que teñen coma fin alertar sobre os lumes e impulsar o comercio dos produtos galegos. O goberno galego exclue destas iniciativas aos medios redactados en lingua galega, segundo denuncia a Asociaci&oa

Segundo informa o xornal dixital Galicia Confidencial, destinará 840.000 euros ao desenvolvemento da campaña publicitaria “Produtos de Galicia, a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación” co obxectivo de “sensibilizar e seguir dando a coñecer os produtos de calidade agroalimentaria da nosa terra”.

Precisamente, este departamento realizou xa nos anos 2014 e 2015 unha campaña similiar para “mellorar” a presenza dos produtos galegos no mercado, “tano no ámbito galego como no nacional”.

Desta volta, e como nas anteriores, Medio Rural manterá o lema de “Galicia Sabe” e centrarase nos produtos agroalimentarios de orixe certificada e produtos manufacturados. “Unha mensaxe que nos remite á existencia, na nosa comunidade, de produtos naturais e cun sabor superior; produtos auténticos, ben feitos, singulares, elegantes... Valores, todos eles, que converten a Galicia na contorna idónea para a creación, desenvolvemento e produción de produtos alimentarios”, apunta no prego de condicións.

Por outra banda, esta mesma consellería destinará 418.000 euros a outra campaña publicitaria de “concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais”. O obxecto do contrato é sensibilizar aos galegos no relativo ao combate dos lumes e á persecución  das actividades delituosas ou neglixentes que causan os incendios.

Sociedade