ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Casa da Ribeira e a Ponte do Belelle son dous lugares destacados de Fene que paga a pena coñecer, pola historia que acumulan e o que representan. Falounos deles Estefanía Purriños, da Oficina municipal de Turismo.
A ponte do Belelle, situada moi preto da área recreativa, é un punto de atractivo turístico de Fene. Forma parte dun conxunto que “estaría composto por un muíño, a ponte, un lavadoiro e unha pequena represa”, segundo nos explicou Estefanía Purriños. “Preto había un muíño que hoxe é unha vivenda e consérvase parte do sistema da represa para conducir auga ao muíño e poder traballar todo o ano”. Moi preto de alí, atópase a Casa da Ribeira. Suponse que a súa construción dataría de finais século XV, a primeira noticia dela que se coñece é un testamento 1549 de Xoan Diaz Cabrera que fala dela, entre outros bens. Foi Casa señorial dos Díaz Piñeiro. Un membro desa familia, Andrés, chegou a ser mariscal dos primeiros Borbóns, no século XVIII. “Sufriu varias reconstrucións e reformas, hoxe o que podemos ver é o escudo de armas no centro e na planta baixa os marcos das ventás”. Tamén tivo unha capela dedicada a San Xiao na que, ata mediados dos anos 80, se celebraba unha romaxe nos primeiros días do mes de agosto.
Publica o teu comentario agora