ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene finalizou as obras de pavimentación de tres camiños municipais no Penedo, na parroquia de Barallobre. Máis concretamente, Casal de Sandulfe, Monte da Cancela e Casal de Pereira. O firme estaba moi deteriorado nos tres casos.
Ademais das labores de pavimentación, a actuación contemplou tamén o pintado das vías e a instalación da necesaria sinalización vertical. Máis polo miúdo, o Concello actuou ao longo de 275 metros no camiño do Casal de Sandulfe; 120 metros no camiño do Monte da Cancela, e 108 metros no camiño do Casal de Pereira. A intervención requiriu no seu conxunto 45.899,99 euros e financiouse con cargo ao superávit municipal, segundo informa o alcalde de Fene Gumersindo Galego.
Casal de Sandulfe
Sandulfe xa estaba habitado no século XII. No tumbo de Caaveiro recóllese a venda o 10 de xaneiro de 1155 por parte de Godo Asmundit ao abade Froilán Díaz "do que ten na vila de Sandulfi en Santiago de Barallobre" por un xato, un porco e unha túnica. Dous anos máis tarde Rodrigo Pérez entra no mosteiro de Caaveiro e doa aos frades todas as súas propiedades no lugar.
No Catastro de Ensenada de 1752 as dúas vivendas de Sandulfe son propiedade do viciño de Cabanas Francisco Antonio Rioboo. Polo foro do lugar, páganse 300 sardiñas ao ano. Posteriormente instalaráse no casal ubicado nese lugar unha fábrica de curtidos rexentada en 1789 polo francés Bernardo Docerán. Logo vivirá alí o coronel do exército Ángel Buceta Vizoso que construirá na vivenda unha capela.
CASTRO, CARLOS DE El monasterio de San Juan de Caaveiro. Deputación. A Coruña. 1999. Páxinas 187, 189
ARIAS REI, MX Barallobre no pasado. Concello de Fene. 1996. Páxinas 95 e 96.
Publica o teu comentario agora