Case 50 empregados se concentran na residencia de maiores Volta do Castro de Santiago pola falta de recursos

Case 50 empregados se concentran na residencia de maiores Volta do Castro de Santiago pola falta de recursos

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Uns 50 empregados e membros do comité provincial de empresa de Vicepresidencia en A Coruña --integrado por CC.OO, UGT, CSI-CSIF-- concentráronse hoxe na residencia de maiores Volta do Castro para esixir "melloras" na dotación de recursos e "máis persoal" para solucionar as "carencias" do centro compostelán.

En declaracións aos medios durante o acto de protesta no que portaron a pancarta 'O Comité denuncia maltrato da Vicepresidencia ao seu persoal, Basta xa!', a presidenta do organismo provincial, Susana Ameneiros, criticou que se trata "dunha desidia total ao servizo público" ante un persoal que utiliza "o cen por cen dos recursos" e que, aínda así, "non son suficientes". Precisamente, explicou que o centro conta con 125 traballadores e 147 residentes, con casos nos que "unha soa persoa ten que atender a nove asistidos" nunha quenda de mañá" e "con todo o que leva consigo", mentres que pola noite "existe un auxiliar" por planta, onde permanecen 50 residentes asistidos". Por outro lado, reclamou a "necesidade" de "maiores recursos" para exercer o traballo cotián, como "máis grúas, máis baños xeriátricos e mellores condicións das instalacións", nas que se deron casos como "un só baño xeriátrico para 150 persoas" ou "grúas que se paralizan no medio da operación de carga". Asimesmo, asegurou que "non é unha problemática illada" e que "se xeraliza ao resto de residencias da Xunta", que cuantificou "entre 20 e 30 asistidas en Galicia", e advertiu de que, no caso en que non se chegue a un acordo, buscarán "celebrar concentracións de todos os comités provinciais".

Sociedade