Case non hai pisos en aluguer nin en venda

Case non hai pisos en aluguer nin en venda
28 de Agosto, 2025 - 10:11 h. | Publicada por Radio Fene

San Valentín está de moda e case non hai pisos en aluguer nin en venda. Hai vivendas xa reformadas e outras non, polo que o prezo oscila dependendo desas circunstancias. Hai anos mercabas por 40 ou 50.000 euros un piso para reformar enteiro, indica a presidenta do CPS Esther Rey.  A entidade colabora co Fenerock que terá lugar o venres 5, sábado 6 e domingo 7 de setembro no Paseo marítimo de San Valentín. Belen Cardeña, Zeltia Lopez, Maria Hermida, Jorge Vila, Joshua López, Esther Rey e Maikel Rodeiro forman a xunta directiva do Centro de Promoción Social deste barrio de Fene construido por unha cooperativa de traballadores de Astano na década dos anos setenta.

ESCOITA O PODCAST:

A presidenta do CPS Esther Rey fala da Festa do Langostino de San Valentín:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/280825REY.mp3

.Actividade máis inmediata

Os Zares, Efecto Imperfecto e Los hombres de Diego actuarán na Oitava Festa do Langostino o sábado 20 de setembro.Os Zares arrufarán a sesión vermú xa ao mediodía. O CPS introducirá unha sorpresa no menú. Pola tarde volverán Os Zares, antes do concerto de tarde noite cos outros dous grupos.  Preparan ademais distintas andainas, unha nova excursión a Portugal e clases de debuxo para a rapazada. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora