Case o triplo de velocidade

Case o triplo de velocidade
23 de Abril, 2026 - 09:26 h. | Publicada por Radio Fene

Investigado por un delito contra a seguridade viaria un condutor que circulaba pola avenida das Pías, en Fene, a 141 quilómetros por hora. A velocidade nese treito está limitada a 50. Detectouno a Garda Civil de Tráfico.

 Unha patrulla de Tráfico que realizaba un control de velocidade detectou ao vehículo que circulaba a 141 quilómetros por hora  pola estrada FE-14 no termo municipal de Fene. Sucedeu pouco despois da media noite do pasado día 17, á altura do quilómetro 4,300. Os axentes identificaron ao condutor, que é un mozo de 26 anos. As dilixencias instruídas polo suposto delito contra a seguridade viaria foron remitidas ao Tribunal de Instancia de garda de Ferrol.

Sociedade

Publica o teu comentario agora