Case un terzo dos enfermos de Párkinson están sen diagnosticar

Case un terzo dos enfermos de Párkinson están sen diagnosticar

11 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Un 30% das persoas que padecen Párkinson non o saben, alertan os expertos coincidindo co Día Mundial desta doenza. Esa alta porcentaxe explícase, en parte, polo descoñecemento que existe arredor desta enfermidade neurolóxica. Aínda que os tremores son o síntoma máis visible, o Párkinson leva consigo outra serie de consecuencias motoras e non motoras; entre elas, a dificultade para tragar, a

Reducir esas altas cifras de doentes sen diagnosticar é un dos obxectivos que se marcan as VII Xornadas sobre Párkinson, que se celebran en Pontevedra este venres e sábado. A cita, organizada pola Asociación Párkinson Galicia-Bueu, dirixiuse tradicionalmente aos propios enfermos, familiares e coidadores. Porén, esta edición presenta dúas novidades: por unha banda, amplíase a oferta de público convidando a profesionais e, pola outra, inclúense outras disciplinas máis alá da neurolóxica. Así, organizaranse sesións informativas e formativas sobre logopedia, nutrición, fisioterapia ou odontoloxía, especialidades que poden mellorar a calidade de vida dos afectados polo Párkinson. Asemade, os médicos de atención primaria terán un protagonismo especial nestas VII Xornadas, xa que os organizadores marcáronse o fin ampliar o coñecemento deste trastorno entre os profesionais que teñen un contacto máis directo con estes enfermos.

Sociedade