Caseque 2 meses sen o Códice Calixtino

Caseque 2 meses sen o Códice Calixtino

27 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Van cumprirse 2 meses da desaparición do Códice Calixtino da Catedral de Santiago e non hai rastro do maior tesouro bibliográfico do pais. “Era o sustento ideolóxico da gran metáfora pétrea que é a Catedral de Santiago. A efectos de coñecemento e de valor cultural, que non material, é como o Pórtico da Gloria”. Así definiu ao Códice no momento da súa desaparición o secretario da Real Academia G

A Igrexa comunicou á Policia o roubo do manuscrito o pasado 5 de xullo. As forzas de seguridade traballan con diferentes hipoteses pero ata agora o prezado documento non apareceu.

A novela policíaca sueca “Nadie lo conoce” escrita por Mari Jungsted no ano 2005, fala do roubo dun brazalete de ouro na Sala de Arte Antigo do Museo de Gotland. Indica que é dificil vender ese tipo de cousas. Salienta textualmente: “Ou o ladrón se queda co botín do roubo, cousa pouco probable, ou o vende a outras persoas. Cremos que se trata dun roubo por encargo, é dicir, xa tiña un comprador. Pode tratarse dun coleccionista, quizais extranxeiro.” A explicación que ofrece a novela semella idéntica a unha das liñas de investigación da policía. Mentres tanto o Códice Calixtino continua desaparecido.

Sociedade