A caseta de información turística de Fene abre de novo as súas portas en plena campaña estival

A caseta de información turística de Fene abre de novo as súas portas en plena campaña estival

03 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A oficina, ubicada na Avenida de Naturais, na coñecida como curva do antigo mercado municipal, terá un horario ata mediados do mes de setembro de 10 a 2, polas mañáns, e de 5 a 8 polas tardes, de luns a sábados. Os domingos o horario será únicamente de mañá, de 10 a 2.

Dende a caseta de información turística de Fene anímase aos propios veciños do termo municipal, ademais dos visitantes ou turistas que pasen polo Concello ao longo do verán, a que se acheguen pola oficina instalada en Naturais de Fene para recabar información sobre lugares de interese, atractivos turísticos, rotas de sendeirismo, lecer e cultura,tanto do propio concello coma doutros recunchos da comarca.

Segundo Isabel Rodríguez, a persoa que está ao fronte do servizo, nos dous días que leva aberta a Caseta de Turismo de Fene, houbo pouca afluencia de xente. Ademais, a maioría das persoas que pasaron pola oficina eran veciños ou veciñas do propio concello.

Ademais da información que se facilite ás persoas que se acheguen pola Oficina, a Caseta de Turismo de Fene conta cun teléfono a disposición dos interesados, o 981 344 082.

Sociedade