Caso Lucas Pérez, exemplo de liderado

Caso Lucas Pérez, exemplo de liderado
28 de Xaneiro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Lucas Pérez, o xogador do Deportivo da Coruña é un exemplo de liderado, no equipo de fútbol e tamén para a afección. Porque foi quen de renunciar a vantaxes profesionais e económicas. Deixou de xogar nun club que milita nunha categoría superior para apoiar ao conxunto galego. Ese compromiso explica o efecto Lucas Pérez, segundo afirmou en Radio Fene o psicólogo José Barcia, que tamén advirte: “No deporte de alto rendemento non hai que dramatizar, nin sequera a frustración”. E para non xerar esas sensacións “hai que axustar moito as expectativas”, recomendou no espazo Vilanova.

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/180123BARCIA.mp3

Fotografía: Xarda Comunicación

 

“O deporte espectáculo, como o fútbol, está baseado no emocional, nas paixóns, por iso as mensaxes racionais e pensadas chegan pouco”. Explica así o caso de Lucas Pérez, o xogador do Deportivo, convertido nun referente para a afección porque “foi quen de renunciar a vantaxes profesionais e económicas para apoiar ao Deportivo”. Cando fichou, o xogador avisou que “vén aportar, pero iso non quere dicir que vaian ascender, el díxoo, o club díxoo, pero o afeccionado escoitou o que quería escoitar”. “Os afeccionados dramatizan moitísimo se se cumpren os obxectivos e tamén se non se cumpren, esa gran dramatización tamén é pasional, igual que sobe moito tamén baixa”.

Deportes

Publica o teu comentario agora