Castelao e Cabanillas, amizades permanentes de Basilio Álvarez

Castelao e Cabanillas, amizades permanentes de Basilio Álvarez
15 de Decembro, 2023 - 08:16 h. | Publicada por Radiofusión

Castelao e Cabanillas foron amizades permanentes de Basilio Álvarez, segundo o biógrafo do dirixente agrarista Miguel Cabo. O crego xa lle prologou o primeiro libro de Ramón Cabanillas, escrito en Cuba. Basilio Alvarez tiña moita man na prensa de Madrid o que utilizaba para promocionar á xente de Galicia. Exercía como unha sorte de embaixador galego na capital. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Miguel Cabo, profesor da Universidade de Santiago de Compostela

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/151223CABO.mp3

 

Fotografia Xan Xe

O 10 de agosto de 1877 no número 12 da avenida de Bos Aires, en Ourense, nacía Basilio Alvarez Rodríguez, un home bo e xeneroso, que sería figura referencial para comprender a realidade cultural, política e social de Ourense e Galicia no primeiro terzo do século XX. O historiador Miguel Cabo ven de presentar unha biografía do abade de Beiro, unha das caras do movemento agrarista galego do primeiro terzo do século vinte. Chámase o libro “A vida desmedida de Basilio Álvarez”. Falamos del no club de lectura de Son Radiofusión. Participaron Miguel Cabo, Jorge Gómez, Juan Carneiro, Miguel Angel Rodriguez e Henrique Sanfiz.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora