Castelao e a maldición do Franquismo

Castelao e a maldición do Franquismo
30 de Xuño, 2026 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

Unha exposición sobre Daniel Alfonso Rodríguez Castelao inaugúrase o xoves 2 de xullo en Maniños.



A vida e a obra de Castelao exemplifican ben o que supuxo o franquismo na historia de Galicia e de España e resulta un marco idóneo para poder falar abertamente deste período da nosa historia. Este é o transfundo da exposición que este xoves presenta EMUGA, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas, no local da Asociación O Pote de Maniños.

“Castelao e a maldición do Franquismo”, amosa a evolución da obra de Castelao ao servizo da defensa da II República, da denuncia da represión franquista sobre a poboación e o compromiso ético coa democracia e o antifascismo ata a súa morte. 

Castelao e a súa obra, protagonistas dos 10 paneis expositivos dos que conta a exposición, axuda a entender a Galicia da época, mais tamén os grandes desafíos políticos, sociais e culturais do mundo da primeira metade do século XXI. Unha figura simbólica profundamente arraigada á terra de orixe e, ao tempo, cunha dimensión cosmopolita marcada pola emigración, o exilio e o servizo á colectividade.

A inauguración desta exposición, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, será ás 19,30 horas da tarde do xoves 2 de xullo e permanecerá aberta ao público ata o 12 de xullo nos horarios de apertura da instalación.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora