Castelao e Tezuka atópanse nas páxinas dun cómic

Castelao e Tezuka atópanse nas páxinas dun cómic

29 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Coincidindo co seu décimo aniversario, Alita Cómics decidiu editar a súa primeira banda deseñada, In Memorian. Trátase dun traballo no que Kike Benlloch (guión) e Alfonso V. Rey (debuxo) exploran un encontro imaxinario entre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Osamu Tezuka. O debuxante e político galego e o “pai do manga” reúnense nas páxinas desta obra sobre o pano de fondo das mudanzas que a finais dos anos 40 se p

“Queríamos homenaxear a estes dous persoeiros e tamén aos nosos clientes regalándolles unha obra”, explica o responsable de Alita Cómic, Juan Carlos Sanmiguel, quen conta con dous establecementos na cidade da Coruña. Comezaron a distribuír In Memorian coincidindo co Día Internacional do Libro e continuarán noutras celebracións sinaladas, como as Letras Galegas ou o Salón Viñetas desde o Atlántico. Nesas datas, regalarán un volume a todos aqueles que realicen unha compra.

A homenaxe a Tezuka e Castelao tamén se pode adquirir, a cambio de dous euros, solicitándoa no correo shop@alitacomics.com.

Cultura