Castelao, onte e hoxe

Castelao, onte e hoxe

06 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Castelao foi o persoeiro político máis relevante do século vinte en Galiza. Ademais de ser un dos piares fundamentais do Partido Galeguista, logrou destacar en facetas tan dispares como o humor gráfico, a literatura, o teatro e a etnografía. Mañá cúmprense sesenta e seis anos da súa morte. Entre a súa pegada na vida cotian, podemos destacar "A Rianxeira", canción composta especialmente para recibir a Cast

Castelao morreu exiliado en Bós Aires (Arxentina) o sete de xaneiro de 1950. O seu libro "Sempre en Galiza" considérase a biblia do nacionalismo galego. Foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Foi deputado do Partido Galeguista, e na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego. Foi homenaxeado co Dia das Letras Galegas en 1964. Naceu en Rianxo o trinta de xaneiro de 1886.

Sociedade