ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En Ferrol só utiliza o galego como lingua habitual o 7% da cidadanía, afirmou esta mañá en Radiofusión o presidente da Fundación Artabria Mauricio Castro. Ante esa alarmante situación, as autoridades debían revisar a súa política, pero para promocionar máis o noso idioma, para gañar máis ámbitos e prestixio social, e non ao revés, segundo manifestan dende a entidade.
A Fundación Artabria convoca un pasarruas lúdico e reivindicativo por un Ferrol en galego. A entidade conmemora os 11 anos da súa existencia cunha marcha cívica que partirá da praza do Hino Galego ata a Praza de Armas. Desenvolveráse o vindeiro venres 25 de setembro ás oito da tarde. Artabria convida aos colectivos e movementos sociais da cidade a aderirse a esta iniciativa. Segundo indican, a veciñanza de Ferrol non está disposta a ver como o galego esmorece sen que as institucións públicas tomen medidas para evitalo. Os convocantes sinalan que no caso de Ferrol, se rexistran incumprimentos de normas aprobadas no seu dia por unanimidade.