Castro de Rei e Muimenta acollerán o IX Congreso Cultura Terra Chá, que honrará á figura de Aquilino Iglesia Alvariño

Castro de Rei e Muimenta acollerán o IX Congreso Cultura Terra Chá, que honrará á figura de Aquilino Iglesia Alvariño

17 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Centenario do poeta de Abadín Aquilino Iglesia Alvariño será o protagonista do IX Congreso Cultural Terra Chá, organizado pola Fundación Manuel María. Este evento se desenrolará o vindeiro domingo, 21 de xuño, nas localidades de Castro de Rei e Muimenta. A segunda xornada será o sábado 27 de xuño, en Seivane, Abadín. O obxectivo, tal e como adiantou o coordinador da Fundación, Alfonso Blanco, é &ldquo

Castro de Rei será a primeira parada deste Congreso. O domingo comezará contra as cinco da tarde, momento no que se inaugurarán dúas rúas na vila dedicadas a Iglesia Alvariño e a Emilio Sinde. Esta iniciativa partiu do propio Concello, que resolveu cambiar os nomes de General Franco e Aviación Española polos de estas dúas figuras da cultura lucense e galega. A continuación, levarase a cabo a conferencia de Ricardo Polín, “Non me esquezo de vos. A identidade chairega na poesía de Iglesia Alvariño”.

 

 

Unha vez rematado o relatorio, haberá que trasladarse a Muimenta para escoitar a charla do profesor do Seminario de Mondoñedo, Félix Villares, “Aproximación a Aquilino Iglesia Alvariño”. De seguido haberá un recital de poesía e unha intervención musical a cargo dos membros de A Quenlla Mini e Mero. Manuel Vila López, en representación da Asociación Cultural de Muimenta, indicou que era inevitable viaxar ata esta parroquia de Cospeito, xa que “sempre houbo moita relación de Aquilino con Muimenta”, ademais de “ser un dos galegos que nunca esqueceron a súa lingua, que empregou para cantar cousas pequenas”. Vila tamén recordou que o poeta foi o primeiro en publicar un texto en galego, “Cómaros Verdes”, despois da Guerra Civil

 

Xa para o sábado 27 de xuño, en Seivane-Vilarente, a partir das 16.30 horas, procederase á ofrenda floral na casa natal do poeta, ademais da conferencia de Manolo Regal “Aquilino Iglesia Alvariño: 4 estampas rurais”.

Cultura