Cata do Albariño: O buque insignia dos caldos galegos

Cata do Albariño: O buque insignia dos caldos galegos

21 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Lagar de Besada, da Denominación de Orixe Rías Baixas, levará a cabo unha cata dos viños en Bodegas Barral. A enóloga María Siñeiro, será a encargada de dirixir a cata na que se presentarán diferentes elaboracións empregadas para a creación dos seus viños. O acto celebrarase ás nove do serán en Bodegas Barral en Barallobre(Fene).

Catro caldos presentaránse na cata, o Ex libris- Albariño 2008, Baladiña- Albariño sobrelias 2007, unha añada de Baladiña-Albariño cuvée 2002 e un Burbujas de Baladiña, un espumoso 2006 elaborado 100% Albariño. Este último é o que máis chama a atención. Faise co mesmo método de fabricación que o champán. Deixáse 25 meses en fermentación e envellecemento. Un viño con moito potencial segundo explicou para Radiofusión a propietaria e enóloga de Lagar de Besada, María Siñeiro.
Este espumoso non se debe tomar ao final das comidas, cos estómagos xa cheos, senón ao principio cun aperitivo. Tamén vai ben acompañado cun marisco, un pescado ou unha carne blanca.

Os padáis dos asistentes poderán  apreciar a diferenza de sabor entres os catro caldos que se presentan. Uns máis doces e afroitados, outros máis de compota para acompañar por exemplo cunha torta de Santiago.

Na degustación  presentaráse un produto especial . Unha especie de mermelada que é unha reducción dos viños que fan para que non goste do viño en sí. Unha mestura que serve para pringar calquera tostada e desfrutar así tamén das propiedades destes caldos.

Lagar de Besada apostan por caldos que aguantan en bodega e en botella. Do total da súa producción o 30 % queda en Galicia, outro 30% en España e o resto no estranxeiro como Reino Unido, Holanda, Suiza e agora deron o salto a Puerto Rico e México. O único que resta por dicir e que con moderación o viño senta pero que moi ben.

Sociedade