ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Federación Galega de Fútbol comeza a traballar esta semana para definir os grupos da Primeira e da Segunda Galicia. Perlío e Maniños non saben se terán que xogar con equipos de Lugo ou da Coruña. Da comarca de Ferrol participarán tamén nesta categoría o Eume, As Pontes, Cedeira, Numancia de Ares, Galicia de Caranza e Valdoviño. Os clubs están de momento nun mar de dúbidas sobre o grupo no que lles vai tocar participar.
Na tempada 2023-2024, a Primeira Galicia dividiuse en cinco grupos. Os equipos de Ferrol e A Coruña formaron o primeiro grupo que empezou con dezaoito conxuntos, pero acabou con dezasete ao retirarse o Laracha. Antes do quince de xullo saberase a composición dos grupos da Primeira e da Segunda Galicia. A Terceira Galicia deberá aínda agardar. Por esa data finalizará o período de inscrición. Unha vez coñecido o número exacto dos equipos inscritos definiranse os grupos, segundo comunican dende a federación.
Imaxe: Perlío - Maniños 18-02-2024
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora