Catro anos de Angrois

Catro anos de Angrois

25 de Xullo, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Familiares das vítimas do accidente de tren de Angrois agardan a apertura dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados para afondar nas causas do sinistro que provocou a morte de 81 persoas e feridas a 140. O respaldo da Unión Europea á depuración de responsabilidades políticas deixan paso a certa dose de optimismo. 

Ainda que moitas veces dá a impresión de que a xustiza, ademais de ser cega, é xorda ás reivindicacións populares. Se decepcionante foi a sentenza do Prestige, que eximiu de responsabilidade a calquera que non fose o capitán do petroleiro, tamén o xuíz instrutor do caso aberto polo accidente do Alvia en Angrois no que morreron 81 persoas e houbo 140 feridos resolveu que só cabe responsabilizar ao maquinista do tren. A decisión de Andrés Lago foi recibida con indignación pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia 04155.

Este colectivo de afectados sostén que hai moitas probas e testemuños e que sinalan a moitos máis responsables á parte do maquinista. Denuncian que o proceso estivo parado durante ano e medio, sen realizarse actuacións de investigación, a excepción do interrogatorio dos peritos. Nese tempo os avogados da plataforma solicitaron numerosas probas e datos derivados de feitos que cualifican como "moi graves" e que coñeceron "investigando pola nosa conta". Acusan ao xuíz de non contrastalos. 

Algunha das revelacións que sosteñen as súas denuncias rexistráronse no documental FRANKENSTEIN 04155, que trata o sinistro de Angrois.

Sociedade