Catro anos que pasaron voando

Catro anos que pasaron voando

10 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene, Ferrol e outras corporacións locais escolleron este día para reunirse por última vez neste mandato de catro anos. A corporación ferrolana reunirase ás 12 do mediodía. A corporación de Fene madrugou e xa se reuníu ás 8,30 da mañá, nun pleno de trámite no que se aprobaron as actas pendentes das últimas sesións plenarias. Todos os concelleiros-as en pé gardaron un minuto de silencio pola morte do

Rescatamos as manifestacións máis significativas dos portavoces municipais, empezando polas da edil de EU, Mª Carmen Martínez, quen se queda coas boas relacións personais entre os membros da corporación.

O portavoz do BNG, Juventino Trigo, máis crítico, calificou de “perfil baixo” o goberno do PP que está a piques de rematar.

O portavoz socialista, Antón Noceda, quixo poñer paz neste último pleno recoñecendo que, a pesar das diferencias políticas, todos os membros da corporación fenesa sacrifican moito da súa vida persoal para poñelo ao servicio da cidadanía.

O alcalde en funcións, Gumersindo Galego, despediuse con nostalxia destes catro anos que, segundo as súas palabras,  pasaron moi rápido, e coa incerteza do que pasará o próximo sábado.

 

 

 

Sociedade