ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Catro rapaces e rapazas da Asociación Nosa Señora de Chamorro participaron no Campionato de Europa Special Olympics de natación na cidade de Palma de Mallorca. Aida Luaces, José Angel Legazpi, Guillermo Díaz e Eduardo López xunto coa adestradora Susana Villares formaron parte da Selección de Galicia conformada por 12 deportistas en total.
Este Campionato concentrou xente de toda Europa con discapacidade intelectual. Os catro representantes de Ferrolterra participaron na modalidade de 25 metros libres. Aida Luaces acadaou o sexto posto e Guillermo Díaz obtivo a medalla de prata. Os dous deportistas estiveron esta mañá nos estudos de Radiofusión e comentaron a súa experiencia. Estes catro nadadores levan as súas costas moito tempo competindo e xa son veteráns no mundo da natación.