ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana o último espectáculo de Teatro do Atlántico, "Memoria de Helena e María", realizado a partir do texto de Roberto Salgueiro, galardoado co Premio Abrente de Teatro 2006 e co que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. As funcións terán lugar o xoves 20, o venres 21 e o sábado 22 ás 20.30 h, así como o domingo 23 ás 18.00 h.
Nos meses previos á guerra civil, nunha vila de Galicia, prodúcese o primeiro encontro entre Helena e Manuel. Un encontro que había desembocar nun amor inmenso. A chegada da guerra de 1936 vai levar a Manuel ao frente republicano, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois:Á morte de Manuel, Helena, a súa viuva, fica na Vila, coasúa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que ha traer dramáticas consecuencias. Sesenta anos despois, por boca da súa filla, imos coñecer as características da tal herdanza e as consecuencias dasúa conservación.
Polo medio, inclusa, convento, máis guerra civil,emigración, fariña de millo, memoria sensitiva, memoria histórica,lembranzas maravillosas, vinganzas, amores, soños, casa de bonecas, dozura,... libros.
Os prezos das localidades son de 10 euros para as funcións de xoves a e 5 euros, o domingo, día do espectador.