Cautivado e deslumbrado

Cautivado e deslumbrado
21 de Maio, 2021 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

A produción literaria de Carvalho Calero aumentou ao cesar os seus compromisos académicos. Foi quedando relegado e marxinalizado pola súa opción reintegracionista. Ademais toda a investigación literaria en Galicia partia da súa Historia da Literatura Galega Contemporánea. E el non se incluíu nese traballo.

ESCOITA O PODCAST:
Carvalho Calero e Montero Santalha

Falamos hoxe dos dez últimos anos da vida de Ricardo Carvalho Calero, de 1980 a 1990. Desde a súa xubilación ata a súa defunción. O profesor Martinho Montero falou en Radio Fene da súa relación persoal con Carvalho. Foi máis próxima nesa década a raíz da participación dos dous nun congreso en Barcelona. Puxéronnos casualmente no mesmo cuarto e conviviron unha semana. Quedou cautivado e deslumbrado pola súa maneira de ser. Convivir con el tan de cerca eses dias permitiulle a Martinho Montero o redescubrimento da súa personalidade. E impresionante o seu movemento percorrendo toda Galicia nos últimos anos para ofrecer conferencias e participar en actos alí onde o chamaban. El sempre deu exemplo, tratando de ofrecer argumentos de fundamento científico. Sen caer en ataques ás persoas. Nese aspecto foi un exemplo para todos os seus discípulos, conclúe Martinho Montero Santalha. A Asociacion Galega da Lingua rendeulle homenaxe a Carvalho coa lembranza da súa vida e de estudo da súa obra no III Congreso Internacional da Lingua Galego Portuguesa celebrado en outono de 1990. 

Cultura

Publica o teu comentario agora