ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O sector do Mar de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) esíxelle ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que convoque unha conferencia sectorial de pesca para analizar os últimos accidentes mortais e evitar que se produzan novas desgrazas. A petición do sindicato chega tras coñecérense as conclusións da investigación do naufraxio
Naufraxios como o do Santa Ana ou, máis preto da costa galega, os Bahía, Cordero, Siempre Casina, Hermanos Landrove, Santa Ana, Mar Noso ou Safrán, revelan a ausencia de control sobre os buques de pesca, denuncia CC OO. A maioría dos sinistros, por outra parte, afectan a barcos de recente botadura, con cascos de aceiro pero que, «inexplicablemente», sofren sinistros como afundimentos repentinos, choques contra mercantes dentro das rías ou incluso contra illotes.
Precisamente, contra un illote foi o choque que provocou o afundimento do Santa Ana, un buque que, coma moitos outros, posuía a bandeira dun país europeo —neste caso, a portuguesa—, pero operaba en portos do resto do continente —como os españois—. Por esta razón, o sector do Mar do sindicato considera que a Unión Europea tamén «debera ter algo que dicir» para evitar unha «impunidade que parece repetirse sinistro tras sinistro».